sábado, 4 de junio de 2011

....

Pódoche roubar outro bico. Este regálocho eu. Regálame máis. ¿Para que queres tantos bicos? Estou construíndo unha montaña deles, cando estou triste subo á montaña e canto cancións de amor. Quero chegar ao ceo coa miña montaña, como nas películas de Paramount que hai unha nube circular arredor do cume da montaña. As nubes non son o ceo, as nubes son as que non deixan ver o ceo, é igual, eu penso chegar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario